A orixe da Praia dos Cristais

Antonio Castro Lema

LAXE

Ana Garcia

«A ubicación nesa furna ou cala foi o emplazamento idóneo que o Concello designou para depositar os desperdicios, na Insua»

28 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Praia dos Cristais está situada na ribeira da Costa da Insua, no Concello de Laxe (Costa da Morte). Na época que abarca dende os 50 ata mediados dos anos 80 do século XX, cun recorrido de 40 anos, o lixo da Vila de Laxe recollíase cun tractor. Nesta recollida do lixo ían incluidos os desperdicios que os veciños facían nas súas vivendas, incluídas as botellas de cristal, xa que naquela época non existían nin botellas nin bolsas de plástico.

A ubicación nesa furna ou cala foi o emplazamento idóneo que o Concello designou para depositar os desperdicios, na Insua, concretamente nesa furna debaixo do Rego da Granxa, onde a Consellería de Medio Ambiente da Xunta máis adiante prohibiu tirar o lixo. O mar levaba todo, en concreto, como xa se comentou, o lixo levaba moitas botellas de cristal e o mar os desperdicios, pero as botellas quedaban na furna e, tras traballalas o mar durante eses 40 anos que durou o vertedoiro nese emprazamento, apareceu a praia dos cristais tal e como a coñecemos a día de hoxe. A impresión, falando con turistas e veraneantes é que se descoñece a orixe, moitos pensan que é unha aparición misteriosa e privilexiada deste municipio, pero a realidade é que ten a súa explicación. É moi importante e necesario explicar aos visitantes a orixe verdadeira para que coñezan como naceu a Praia dos Cristais.

Antonio Castro Lema (Laxe, 14 de abril de 1933), bo coñecedor da historia do areal.