Traba de Laxe

La Voz

LAXE

Paisaxes, natureza, patrimonio e lendas convidan ao visitante a gozar do espazo que marca o límite occidental de Bergantiños

01 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Xan Fernández Carrera convidou esta semana aos oíntes do espazo de Radio Voz Bergantiños Paso a paso con a achegarse ata Laxe para perderse en Traba, un espazo cheo de atractivos.

Cómo chegar.? Desde Laxe hai que coller a estrada cara A Ponte do Porto e ao chegar a Nande, xirar á dereita en dirección a Mórdomo. Tamén se pode chegar desde Baio e Vimianzo collendo a estrada de Laxe e seguindo ás indicacións cara Traba.

Que ver.?Trátase dun espazo natural composto por un longo areal de 2 quilómetros de lonxitude; unha lagoa de 800 x 200 metros, onde é posible avistar diversas especies de paxaros (o ornitólogo José Luis Rabuñal leva moitos anos catalogando aves alí) e unha zona de dunas que separa ambos espazos. Todo iso rodeado por os penedos. Nesa zona afundiuse o carboeiro inglés Kenmore (1904) e a praia serviu de pista de aterraxe para un bombardeiro estadounidense en 1944, durante a II Guerra Mundial.

Patrimonio arquitectónico.?A igrexa de Santiago de Traba é de orixe románica (comezos do século XIII) e conserva a ábside e a porta lateral norte. Foi reformada no Barroco (nave, sancristía, capela do Rosario e fachada) e o retablo é de comezos do século XVIII.

Lendas.?Varias son as historias de carácter lendario que rodean esa paraxe. Unha fai referencia a un soldado escocés que entrou na igrexa para roubar e que tras comer o sacramento morreu. Outra lenda, da que existen dúas versións, fala da cidade de Valverde, que tería desaparecido na lagoa.

A pé.?Hai dous itinerarios que permiten gozar do entorno de Traba. Un une este punto con Laxe e o outro vai desde aquí ata Camelle.

Outros lugares de interese. Os penedos de Traba e Pasarela, a propia vila de Laxe, Aprazaduiro, o pazo de Soesto e o castro de Castrelo son outros espazos da contorna que merecen ser visitados.