Presentación de libros

La Voz

FISTERRA

CAMARIÑAS E FISTERRA | 18.00 HORAS

05 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Mañá, Camariñas e Fisterra acollerán presentacións de libros. Na Casa da Pedra, ás 18.00 horas, darase a coñecer un traballo de recompilación de literatura popular de carácter oral que fixeron os alumnos do colexio de A Ponte do Porto do curso 77-78. O mesmo día, media hora máis tarde, comezará un acto no faro de Fisterra no que Rafael Lema falará de O Camiño secreto de Santiago.