Ao programa provincial aínda lle quedan varios municipios da zona por visitar
29 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.O programa provincial chega ao seu ecuador e aínda visitará cinco municipios da Costa da Morte • O programa Coa Lingua Fóra, unha iniciativa da área de Normalización Lingüística da Deputación, chegou ao seu ecuador con máis de 20 concellos coruñeses visitados e máis de 2.000 persoas participantes. Ata finais do mes de abril, o proxecto seguirá de percorrido, tamén pola Costa da Morte: Carballo (2 de abril), Vimianzo (5 de abril), Malpica (20 de abril), Cee (25 de abril) e Carballo (26 de abril). Por Dumbría, por exemplo, pasou un dos espectáculos previstos: A mestra Tomasa lendo e viaxando mundo. A responsable do departamento organizador, Goretti Sanmartín, destacou a boa acollida na infancia e na mocidade deste programa que, en definitiva, pretende demostrar os prexuízos que aínda perviven e dificultan o uso do galego nestes tramos de idade, promovendo así, por tanto, a normalización.