Teatro, música coral, saúde ou os actos institucionais do propio 25 de novembro: as propostas en torno ao Día contra a violencia de xénero
28 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Coristanco recunca no seu lema «Nin unha cadeira máis baleira» e presenta un completo programa de actos en torno ao 25 de novembro, Día contra a violencia machista.
As actividades comezarán este mesmo venres, cun espectáculo de Raquel Queizás, e prolongaranse durante todo o mes de novembro.
Troupiciencia, de A Xanela do Maxín; a proxección de Mis pequeños amores, un magosto, Romaría, de novo con Raquel Queizás; un concerto de corais; a representación de O home do sofá, de Sen Tempo Teatro; A teteira de Kabul, de Xarope Tulú ou a clausura das xornadas do club de saúde son as propostas que inclúe o programa.
Ademais, o propio día contra a violencia de xénero, o martes 25, celebraranse os actos institucionais e a lectura do manifesto ás doce do mediodía. «Non permitas que ninguén deteña o teu impulso» é o lema deste ano.