Plácido Castro e a tradución, referentes no sistema cultural e literario de Galicia

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

CORCUBIÓN

ANA GARCIA

Eva Almazán e Xosé Antón Parada Fernández recibieron galardóns o venres en Corcubión

01 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

«A figura de Plácido Castro é referente na nosa vila. Sentímonos honrados de ser anfitrións da entrega deste premio co que tamén se conmemora a súa memoria». Xabier Domínguez, Drok, alcalde de Corcubión, daba así o venres a benvida ao acto do Premio Plácido Castro de Tradución, levado a cabo na Capela do Pilar. Xulio Ríos, director da Fundación Plácido Castro, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, acompañaron un encontro no que tamén tomaron parte Susi Castro, presidenta da entidade e filla de quen dá nome ao galardón, e María Bella, concelleira de Cultura. Tanto a edila como o rexedor pasan, por certo, a ser membros da fundación.

«Soster xuntos a memoria de Plácido», foi o convite que fixo o alcalde. Ríos, da súa banda, lembrou que este galardón é das actividades máis importantes do programa que impulsan, cunha dobre reivindicación, a da dimensión tradutora de Castro e a da importancia da tradución no sistema cultural galego. A deste pasado venres era a 21.ª edición do premio, que mereceron ex aequo Eva Almazán e Xosé Antón Parada Fernández. «Unha honra compartir este recoñecemento», dixo ela, en alusión a Parada. Ambos afondaron no día a día e nas particularidades deste oficio. Do xurado mereceron ambos moi boas palabras: entre elas, excelencia e excepcionalidade.

ANA GARCIA

Aparencia sinxela, pero dificultade engadida con diferentes cambios de rexistro e elegancia na tradución foi o que percibiron na obra de Eva Almazán, O ano do pensamento máxico / The Year of Magical Thinking. Dificultade, tamén, no caso de Xosé Antón Parada, dende unha lingua tan afastada como o acadio, mais unha tradición meticulosa e con moitas anotacións complementarias na que é unha obra fundamental da historia da humanidade: Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica. «Non podemos facer traducións literais», expuxo o premiado.