E como Costa do Solpor de Galicia abrimos os brazos igual que os nosos devanceiros cara a todos os Finis Terrae atlánticos. Cara ao vento, aire, mar e pedras das terras de Irlanda, da Bretaña e Portugal e convocamos con todas elas á irmandade atlántica de beleza, tradición e pregrinación.
Apuntes biográficos. Rosa María García Vilariño. Profesora de Lingua e Literatura Galegas. No seu primeiro destino definitivo pasou polo IES Alfredo Brañas desde o ano 1983 a 1990 e no seu paso polas terras carballesas casou, tivo unha filla, e fixo amigos inesquecibles que por sempre a atarán a Bergantiños. Ao longo da vida profesional participou como autora na realización de libros de textos, traducións e dinamización culturais arredor da nosa literatura e cultura. Hoxe, na súa xubilación, disfruta como lectora, colabora coa biblioteca do seu concello de Oleiros e exerce de voluntaria en Cáritas.