Os retos

La Voz

CERCEDA

29 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Mantemento das infraestruturas municipais. «Investimos cada ano 4,3 millóns en manter todo o que temos. Son moitas infraestruturas as que hai que manter e o seguiremos facendo, como sempre. A sorte é que non temos que facer moitas máis».

Futuro sen a térmica. «Primeiro temos que buscar a reposición deses 1,3 millóns da central [en concepto de IBI], e, posteriormente, trataremos de que se faga un plan industrial: que se acometa un polígono industrial, que o Igape axude ao seu crecemento e, polo tanto, recuperar gran parte dos empregos das empresas auxiliares da central térmica. Sería un polígono a financiar a tres bandas: Estado, Xunta e Naturgy, con apoio de fondos europeos».

Lago das Encrobas. «Agora estamos co tema do deslinde, que, esperamos, estea listo en dous ou tres meses. A partires de aí xa poderiamos plantexarnos facer cousas. Probas de piragüismo? Habería que facer as pistas e son cuestións que exceden do labor do Concello. A Xunta traballa nese sentido, pero falamos de 4 millóns de euros e haberá que ver como se afronta este investimento e que entidades colaborarían no proxecto deportivo».

O Acevedo. «Temos o proxecto de ampliación e os terreos xa cualificados. En caso de que fose necesario acometeriamos a ampliación sen maior problema».

Aquapark. «Estamos construíndo unha piscina nova para nenos con idades comprendidas entre los 11-12 anos. E posteriormente acometeremos un investimento de 1,8 millóns de euros para unha atracción con 25 metros de altura, máis de 80 metros de percorrido e onde se poidan tirar sete persoas á vez. Creo que este proxecto sería unha realidade para dentro de dous anos».

Plan Miner. «Aínda estamos á espera de que se pronuncie a Audiencia Nacional. Temos 15 millóns de euros pendentes de cobrar deste plan mineiro».

Fixación de poboación. «Temos un problema, non de industria, senón de prezos. O prezo do aluguer e de compra de vivenda en Ordes é moito máis barato que en Cerceda, porque en Cerceda, polo xeral, os terreos están en mans de persoas e familias podentes, e non os venden o fano a prezos desorbitados».

Cerceda de Fútbol. «Segue igual, sen actividade algunha e pendentes de que se celebre unha asemblea de socios para proceder a súa disolución, se así o deciden».

PXOM. «Seguramente rescindiremos o contrato coa empresa adxudicataria que leva o proxecto urbanístico e logo, a idea que temos e volvelo a sacar a concurso para reiniciar os trámites é ter un plan xeral en Cerceda á maior brevidade posible».