Alimentación, nutrición e cancro: divulgación en Cee

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

Las verduras y los cereales integrales son los alimentos protagonistas de la alimentación contra el cáncer.
Las verduras y los cereales integrales son los alimentos protagonistas de la alimentación contra el cáncer.

Impartirá a charla Oliver Sambad-Baliña Durán, a partir das 18.00 horas na Casa da Cultura

09 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres 23 de xaneiro • A xunta local ceense da Asociación Española contra o Cancro (AECC) promove para o vindeiro venres 23 de xaneiro unha nova cita divulgativa ligada a esta enfermidade. Será unha conferencia en torno a alimentación e nutrición, abordando a importancia desta tanto durante a prevención como durante o tratamento dun cancro. O encontro, aberto a todo aquel que estea interesado en participar, está programado para as 18.00 horas e será na Casa da Cultura. Impartirá a charla o nutricionista Oliver Sambad-Baliña Durán.

Dos 19.401 novos casos de cancro diagnosticados no 2024 en Galicia, segundo unha información recente de La Voz, case 8.000 foron na provincia da Coruña.