Será o 22 de marzo, na sala Capitol, e xa foi preciso facer nova remesa de entrada dada a demanda
08 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Era cousa de tempo que o dúo Unto Vello dese que falar todo o que merece. Dous rapaces novos, recuperando tradicións musicais e imprimíndolle un carácter propio que xa ten seducido a público e artistas de longa traxectoria, tal é o caso de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Xabi Gómez (Brens, Cee) e Bieito Pereira (Brandeso, Arzúa) xa teñen data de presentación do seu disco, Inmaterial. Será o 22 de marzo, ás 20.00 horas, na Sala Capitol compostelá, unha posta de longo na que tamén estarán presentes outros convidados e cuxas entradas se puxeron á venda en salacapitol.com, con tremenda acollida. En 48 horas esgotáronse as dispoñibles e foi preciso facer unha nova remesa, completando toda a capacidade da sala. A través das redes amosouse o dúo moi agradecido por toda esta resposta. «Queremos que os cantares dos nosos maiores non se vaian ao outro mundo», contaba Xabi Pérez ás portas da Muiñada de Vimianzo no 2024. E non se irán.