«Hipólito e Pedro, grazas por todo»

fernando casanova

CEE

,

Emotiva despedida a dous profesores do IES Agra de Raíces de Cee

02 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Dúas vidas dedicadas á ensinanza son as de Hipólito Santabaya e Pedro Márquez, profesores do IES Agra de Raíces de Cee que agora se xubilan e que onte recibiron a súa merecida homenaxe no Cuatro Perras de Corcubión, xunto a 44 compañeiros, que lles regalaron, a cada un, un ramo e un reloxo. Hipólito, que naceu en Brens, foino todo no Agra, comezou de alumno e logo voltou xa como profesor de Educación Física. Foi Xefe de Estudos e mesmo Director, cargos que desempeñou de xeito abnegado e íntegro. Tamén a el débenselle os inicios do departamento de orientación, pois con razón estudou e licenciouse en psicoloxía.

Pedro, Don Pedro, natural de Carnota, é o derradeiro dos mestres con tratamento de Don, profesor de varias xeracións, que con el estudaron sempre de xeito doado as Matemáticas. Un docente vocacional e xeneroso e un pai para o alumnado.

A ámbolos dous, desexarlle sorte e felicidade nesta nova etapa que emprenden, e por suposto darlle as grazas por todo o traballo ben feito e a súa entrega fiel a esta profesión.