«Quero saír! Quero saír!», o novo da escritora ceense María Canosa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

O 2021 comeza con boas novas literarias: esta proposta vai en torno á pandemia e ás olladas dos máis pequenos

23 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Publicación de finais do 2020, chega a comezos desde 2021 unha nova obra da escritora ceense María Canosa. Xa está nas librarías «Quero saír! Quero saír!», da man da editorial Embora e con Andrea Estévez como compañeira de aventura literaria. «Falamos da necesidade de quedar na casa, de poñer a máscara, de coidármonos, de pensar nos demais... Este libro fala da pandemia, vista polos ollos máis pequeniños, polos corazóns máis grandes», deu cadra a escritora nas súas redes. Novo traballo, pois, para os máis novos, mais no que os adultos tamén poderían atopar claves. Medio cento de obras saíron xa do maxín de Canosa, que no pasado 2020 tamén sacou á rúa os títulos Unha fábrica de bicos e Lobo Ramón.