Xogo limpo


Un queda abraiado con algunhas cousas que acontecen no mundo do fútbol. Xogadores que gañan sacos de cartos ao tempo que se converten en heroes de nenos que non teñen para comer. Un non dá creto cando ve que hai futbolistas que intenten agocharlle millóns de euros a Facenda. Hai unha relación ben longa de condenados ou con procesos por no abonar os trabucos correspondentes. O fútbol tería que ser un deporte máis humano, no que reinase o verdadeiro espírito olímpico, e non só o pecuniario. Coma se xa perdera a alma ou o sentido de aqueles partidos en calquera praza ou estrada. Auténticas tardes de gloria efémera e sen testemuñas de dribles únicos e goles inesquecibles que só permanecen na memoria dos seus autores. Xogadores de zocos e pantalóns remendados ou zapatos de domingo coas soles dondas que rachaban con calquera remate con pretensión. Un queda abraiado que unha panda de xuvenís, como aconteceu esta pasada fin de semana en Cee, se arrebolen contra o árbitro por ensinarlle o cartón amarelo a un deles. Un exemplo lamentable. Se uns rapaces, que apenas acadan a maioría de idade, obrigan a chamar á Garda Civil e a suspender o encontro, que se pode esperar? A primeira norma dun xogo é aceptar as normas, a autoridade do árbitro e as súas decisións, sexan erradas ou acertadas. Accións así mereceren unha resposta axeitada por parte das autoridades federativas. Non se pode volver a tempos nos que había xogadores da Liga da Costa que rezaban antes dos partidos. «Non rezo para gañar, rezo para que non nos mallen». Respondía cando o compañeiro lle dicía que non pasaba nada por perder.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Xogo limpo