O peirao de Cee amplía horizontes

José Juán Durán PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA

CEE

Veño de asistir as tarefas de carga, no porto ceense de Brens, de 29 pantaláns de formigón con destino a Panamá. Empresas galegas, algunhas de Santa Comba e Carballo, elixiron esta rada autonómica como lugar de construción das estruturas para proceder ao seu embarque ao porto de destino ao istmo centroamericano.

Nin que dicir ten que a Portos de Galicia énchelle de satisfacción comprobar, unha vez máis, a versatilidade da infraestrutura construída pola Xunta que engrosou a súa «folla de servizos» con esta nova actividade económica, xeradora de riqueza e creadora de emprego.

Porque tratase de iso: facer rendibles os investimentos, optimizalo seu uso e que xeren valor engadido na súa contorna. Todo o noso apoio a estas e futuras iniciativas empresariais para seguir incrementando o músculo do sistema portuario autonómico. As expectativas son boas sobre este emprendimento e outros que poden vir e desde a Consellería do Mar querémolas compartir coas entrañables xentes da Costa da Morte.