Medalla partidista

MIRO VILLAR

CEE

TRIBUNA ABERTA | O |

27 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

NON TARDOU moito en chegar. A primeira falcatruada da maioría absoluta do Partido Popular en Cee trouxo consigo a presión para que as entidades que lle son próximas lle outorgasen a medalla Fernando Blanco a un destacado militante do seu partido. Méritos ¿Que méritos posúe Romay Beccaría? Seica favorecer a chegada do hospital á nosa vila. Desde logo, é unha falla de vergonza dicir que o hospital está en Cee gracias á súa xestión. O hospital veu pola inmensa presión que exerceu a cidadanía. Era eu aínda un rapazolo e participei en varias manifestacións nos anos oitenta, algunha que rematou con fortes cargas da garda civil. Claro que o noso alcalde e os seus adláteres de seguro que daquela non estaban por alí. En fin, calquera dos outros posibles candidatos, a memoria do médico de Toba, a escritora Concha Blanco, o cronista Baldomero Cores ou o médico Pepe Sánchez teñen, calquera deles, repito, posúen moitos máis merecementos para a medalla. Por certo, ¿sabe alguén se existen os grupos de oposición municipal? De existiren, sabe alguén porque comungaron coas rodas de muíño? Martín Villa Remato suxeríndolles que a medalla do ano próximo sexa para Rodolfo Martín Villa, tamén é do partido e seica fixo moito por nós no tema do Prestige . ¡Manda truco!