Corpo e espírito: cea anual de Proyecta en Ti 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Unhas 50 persoas vinculadas ao centro de adestramento carballés tomaron parte no encontro

27 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Sobre medio cento de persoas usuarias do centro de adestramento Proyecta en Ti —aos mandos de Míriam Amado— tomaron parte o sábado nunha cea que xa é anual. Foi no restaurante Albaroque de Carballo, adiantándose ao mes de decembro, algo cada vez máis habitual neste tipo de encontros. Coidaron así a comunidade, con sorteos e risas. Unha velada para seguir alimentando corpo e espírito.