Contos, música, maxia e Samaín para festexar o Día das Bibliotecas en Carballo
CARBALLO MUNICIPIO
Haberá actividades dende mañá mesmo, mais a xornada central será a do venres, día 24
21 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Carballo conmemorará o Día das Bibliotecas, que se festexa cada 24 de outubro, reforzando a súa programación habitual cun compendio de actividades que se estenderán ata finais de mes. Estas serán:
Mércores 22, 17.30 e 18.30 · Dobre pase do espectáculo Familias diversas, de Trinke Trinke.
Xoves 23, 19.30 horas · Poesíacordes, no que o escritor e músico Francisco Castro fará un percorrido polos grandes versos da poesía galega.
Venres 24 · Varias propostas na xornada da efeméride, comezando cun convite a café e chocolate ás persoas que visiten as bibliotecas da localidade (10.30). Ademais, ás 17.00 nenos de 3 a 8 anos poderán gozar da narración de varias historias e mesmo ilustrar o seu propio conto. E ás 18.00, o prato forte coa cantautora Silvia Penide, que interpretará varias das cancións incluídas no seu libro infantil Onde está Otti?
31 de outubro, 17.30 · Espectáculo Este Samaín toca... maxia!, para maiores de catro anos.
Inscricións en carballo.gal.