Nova remesa de bailes para maiores en Cabana

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CABANA DE BERGANTIÑOS

Rocío Pérez animando un baile en Carballo
Rocío Pérez animando un baile en Carballo Ana García

O primeiro deste mes será o vindeiro domingo, día 11, amenizado por Rocío Pérez

09 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cabana vén de presentar a programación de baile de maiores para este primeiro trimestre de ano, iniciativa «con grande éxito de asistencia». A primeira das sesións, de feito, será xa este domingo, día 11, ás 19.00 e amenizada por Rocío Pérez. Todas están previstas para esta horas, sete da tarde, no Centro de Maiores. O dúo Élite encargarase de animar a velada do domingo 25 de xaneiro; Mar de Caión fará o propio o 8 de febreiro; Judith Cundíns intervirá o 22 dese mes; Martín Carrión farao o 8 de marzo e o 22 volverá novamente Rocío.

Dende o consistorio fixeron un chamamento á veciñanza a participación nesta programación que, segundo trasladan, persegue o obxectivo de «promover a socialización entre os nosos maiores». Acceso gratuíto.