Peóns ao camiño, de novo, coa asociación Cormoráns, en Cabana
CARBALLO/ LA VOZ
CABANA DE BERGANTIÑOS
A cita será este domingo 2 de novembro, na Casa do Pendón, entre as 16.00 e as 20.00 horas. Bule a inscribirte!
01 nov 2025 . Actualizado a las 18:10 h.A asociación cultural e deportiva Cormoráns, co apoio do Concello de Cabana e a Deputación da Coruña, organizou para este domingo 2 de novembro a terceira edición de Peóns ao camiño. Será na Casa do Pendón, entre as 16.00 e as 20.00 horas, con varios concursos, estes que seguen:
- Torneo de buxainas. Inscrición previa ou ben na propia xornada. Dende as 16.00, clase maxistral de habilidades co mestre Luís Miguel Ramas e o campión internacional Omar Jonathan Pule (México). Dende as 17.00, torneo. Clasificación por categorías de idade.
- Buxainas terroríficas. Premio ao debuxo do peón ou buxaina que máis medo inspire. Pode empregarse calquera técnica e tamén haberá clasificación por categorías de idade.
- Poemas xiroscópicos. Poemas que xiren arredor do xogo e as emocións que este esperta, sen límite algún de versos e igualmente clasificación por idades.
- Buxaicontos. Relatos breves nos que o fío condutor sexa o xogo e todo o que o arrodea. Premios en función das idades.
Aqueles que desexen participar ou obter máis información, así como enviar a súa creación, poden contactar co 626 62 23 97 (Trini) ou co correo acdcormoranscabana2023@gmail.com. O prazo está aberto ata as 14.00 horas desde domingo. Bule, que estás a tempo de participar!