Conclúe así a terceira edición de «Agasalla comercio local, ten premio», iniciativa municipal
17 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Irene Vilariño Martínez, como gañadora dunha experiencia cultural; Noelia Cambón Morales, que leva unha experiencia turística, e Alejandro Amado Villaverde, cunha experiencia gastronómica, recibiron este venres os seus premios correspondentes á terceira edición da campaña Agasalla comercio local, ten premio, organizada polo Concello da Laracha. Foron os agraciados no sorteo realizado entre todas as tarxetas rasca e gaña depositadas nas urnas habilitadas nas bibliotecas municipais, e recibíron os seus galardóns de José Manuel López, alcalde, e Rocío López, edila de Promoción Económica.
A experiencia cultural consiste nunha estancia dunha noite en Madrid e dúas entradas para El Rey León. A turística, nunha noite para dous con acceso a spa no Augusta Eco Wellness de Sanxenxo. E a gastronómica, nunha cea ou comida para dúas persoas.