Conta atrás para a quinta Festa do Polbo de Adro de Vilaño

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

A LARACHA

Festa do Polbo de Vilaño, na súa última edición
Festa do Polbo de Vilaño, na súa última edición BASILIO BELLO

Será o 25 de outubro, e as entradas poderán adquirirse ata o día 23, dúas xornadas antes

02 oct 2025 . Actualizado a las 19:57 h.

25 de outubro • A asociación Adro de Vilaño, co apoio do Concello da Laracha, promove para o sábado 25 de outubro a quinta edición da súa Festa do Polbo: será no pavillón do colexio de Vilaño, con apertura de portas ás 13.00 e xantar ás 14.30. O menú, a base de empanada, polbo á feira, churrasco con criollo, patacas, ensalada, sobremesa, café e chupitos, terá un custe de 35 euros para comensais a partir de 12 anos. Os nenos de 6 a 11 pagarán 20, e os menores de 6 entrarán gratis. Dúo Galán, sorteos e concursos dinamizarán a velada, cuxas entradas poden adquirirse ata o día 23 en Tempo, Agrobotica, Almacenes J. Cotelo, Bar da Piña, Peluquería Carmen y Silvia e bar Milagre, ademais dos domingos ás 13.30 horas no centro sociocultural de Vilaño.