Treboada de viños en Balarés no décimo aniversario de Choiva

X. Pampina CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Un instante da feira de viños que tivo lugar no Couto o pasado luns
Un instante da feira de viños que tivo lugar no Couto o pasado luns ANA GARCÍA

O Abaladoiro | Choiva Viños festexou os seus dez anos de historia cunha mostra e cea-maridaxe 

13 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Os bergantiñáns Alberto Varela e Natalia Chouciño, que hai 10 anos fundaron Choiva Viños, non deixan de amosar o seu interese polos produtos da terra. O luns celebraron no Couto (Ponteceso) unha mostra dos froitos vinícolas galegos na que estiveron presentes 24 adegas e mais de 300 caldos.

E pola noite promoveron una cea-maridaxe no Restaurante Balarés, do irmán de Alberto, Rafael Varela. Nunha casa onde os dous se criaron. Tres ducias de persoas moi vinculadas á hostalaría e ao mundo dos viños gozaron dunha noite rica en sabores e coidados cun menú de Silva Facal cheo de matices e moi ligado á calidade local.

«De 10, igual ca o aniversario», comentou algún recoñecido restaurador. Foi unha noite plácida, na que Alberto Varela, lle deu renda solta á súa paixón enolóxica, acompañada de datos históricos, mentres o comensais gozaban do bo comer e, sobre todo, beber.