Regresa o Artemis á Terra e pensamos que, como humanos, logramos un fito histórico. Un avance científico e humanista con poucos precedentes. Hoxe, cando fun a unha coñecida superficie de alimentación, vin unha muller pedindo de caridade na porta. Soa, mal vestida, cun vaso trémulo na man, instando aos transeúntes a doar. Agradecendo encarecidamente calquera mostra de axuda. Nese preciso intre, pensei que se estamos tan avanzados para poder inspeccionar a Lúa ben podíamos acabar coa fame no mundo. Un mal irremediable pode ser unha enfermidade sen cura, pero a aporofobia e a fame son padecementos que teñen unha única solución: a bondade. A miúdo, pensamos que é mellor non colaborar ante a incerteza, pero eu prefiro dar e que non se destinen os cartos a unha boa causa a quedarme ca dúbida de non ter axudado a quen o precisa. Nun mundo de extremo consumismo, deixar unha moeda que permita comprar un café non debería ser semellante afronta. Podemos perfectamente colaborar con quen o precisa ao noso redor con roupa que non usamos, con aquilo que nós non valoramos e que outros desexan con ansias. Ás veces, non se trata de grandes xestos monetarios, senón de pequenas cousas que nos acheguen ao corazón da xente. Caridade que non precisa exposición nin golpes de peito. Dar en silencio, sen pedir nada a cambio, de forma verdadeiramente altruísta. Lograr que este mundo non se divida por clases segundo o poder adquisitivo das persoas. Os billetes son papel dobrado que vai e vén. Eivar miradas de desprezo que doen. Ser máis xenerosos, de palabra e obra. Axudar sen pedir nada a cambio por un mundo mellor. Parece sinxelo, pero cada día é algo máis difícil nesta sociedade egocentrista.