Confirmados para a prestixiosa pasarela de Semana Santa Xoaquín Ruíz e Ana Cabranes
14 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A pureza da cor branca, a elegancia e o respecto polo traballo das palilleiras son fíos que unen os traballos de Xoaquín Ruíz, andaluz afincado en Culleredo, e Ana Cabranes, asturiana. Ambos foron confirmados este venres para a pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe 2026. Para el, debutante neste desfile, supón «un soño e peche de ciclo»: comezou en Camariñas no certame Noveis Deseñadores. Avanza que a súa colección exaltará a delicadeza dos detalles e a forza do artesán: «Andalucía e Galicia atópanse», detalla. Cabranes, da súa banda, é toda unha institución na Mostra: acode dende hai máis de vinte anos. Traerá luz e fusionará encaixe «e ton».