Entre Noicela e A Agualada, máis de 300 persoas reuníronse en torno a este prato a sábado 28 de febreiro
28 feb 2026 . Actualizado a las 23:32 h.«Máximo esta festa!», festexaba este sábado Pablo Varela dende a comisión de festas de Noicela (Carballo). Promoveron no restaurante Cámping Baldayo a súa terceira Festa do Cocido e tiveron que parar inscrición nas 200 persoas, entre grandes e pequenos, o aforo máis grande que tiñan. «Quedou xente fóra», lamentaba, mais o espazo e o que é e, polo lado positivo, vén a significar a forza da vecindade e o desexo de participar.
Unha edición menos, dúas polo tanto, leva a Festa do Cocido da asociación de veciños de A Agualada (Coristanco), que nesta mesma xornada reuniu a 120 persoas. «Levamos dúas pulpadas, unha Festa do Socio con callos de balde, as patronais e outras actividades», explicaban dende a entidade que preside Francisco Manuel Noya. Manifestaban tamén o seu desexo de que os trámites administrativos co Concello sexan máis rápidos, doados e lixeiros á hora de promover iniciativas así e explicaban, doutro lado, que durante toda a mañá a Plataforma dos Veciños de Brenlla, mobilizada contra unha antena, andou polo encontro na procura de sinaturas de apoio. Este domingo concentraranse de novo.