Rutas cabalares en Zas e Borneiro, proximamente

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

<span lang= gl >Ruta cabalar na Costa da Morte, en imaxe de arquivo</span>
Ruta cabalar na Costa da Morte, en imaxe de arquivo BASILIO BELLO

Ambas comisións anunciaron xa as súas citas, fixadas para a primavera

27 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa proximidade da primavera, chegan tamén as rutas cabalares á comarca. A de Zas, promovida pola comisión de festas da Virxe do Carme, foi das primeiras en anunciarse. Celebrarase o sábado 25 de abril, con saída ás 10 da mañá do pavillón polideportivo e sesión vermú e xantar no mesmo lugar. As inscricións estarán abertas até o día 22 e o prezo polo percorrido e a comida será de 35 euros (cinco se se fai só a ruta). Dúo Fábula e DJ Tinciño amenizarán a tarde.

Por outra banda, a comisión de Borneiro vén de anunciar tamén a súa quinta ruta cabalar, programada neste caso para o sábado 2 de maio. Co mesmo prezo, actuará Mar Davila. Inscricións ata o 30 de abril.