Os interesados xa poden inscribirse. Son «a alma» do encontro, di a súa directora, Dolores Lema
13 feb 2026 . Actualizado a las 17:02 h.A Mostra do Encaixe de Camariñas —este ano, do 1 ao 5 de abril— abriu onte inscricións para formar parte do grupo de voluntariado da cita: os interesados poden enviar WhatsApp ao 653 265 529 ou correo a dolores.lema@camarinas.net. Dolores Lema, directora do encontro, subliña o relevante papel deste equipo, «alma da Mostra». Imprescindibles para que todo saia ben e para facer «espírito de grupo».