Dezaseis colexios coñecen xa o seu camiño nun novo concurso «Ecopreguntoiro»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Entrega de galardóns da última edición do Ecopreguntoiro
Entrega de galardóns da última edición do Ecopreguntoiro Basilio Bello

É unhas das seccións mái participativas do programa Ecovoz, impulsado dende Sogama en Radio Voz 

08 feb 2026 . Actualizado a las 21:34 h.

Dezaseis colexios da comunidade participarán na nova edición do concurso Ecopreguntoiro, do que se sortearon os enfrontamentos no programa do venres. A semana que vén o CPR Plurilingüe La Merced, de Sarria, medirase ao Colexio Santa Cristina de Vigo, que defende o título da última edición.

Tódolos centros estarán representados polo alumnado de sexto de primaria en equipos de cinco nenos e nenas acompañados por un titor. Os dezaseis colexios pertencen a concellos adheridos ao modelo Sogama e os seu alumnado terá que amosar coñecementos en materia de medio ambiente e do seu programa escolar. Desta forma, de entre as preguntas que se fagan en cada eliminatoria a ambos equipos, haberá unha sobre Sogama que será a de maior puntuación.

«Serve de acicate para que emprendan novos proxectos dentro da aula, para que se esforcen máis cada semana e para crear conciencia neles e que a poñan en práctica», explica Ramón Infante, titor campión co Santa Cristina o ano pasado e que agora está no Compañía de María.

Encontros Ecopreguntoiro 2026

  • 13/02: Santa Cristina (Vigo) - La Merced (Sarria)
  • 20/02: Luis Pimentel (Lugo) - Santa Juana (Ferrol)
  • 27/02: R. O. Pedrayo (O Barco) - A Lama (Pontevedra)
  • 06/03: Cervantes (Lugo) - La Milagrosa Josefa Sobrido (Ribeira)
  • 13/03: Señora de Xuvencos (Borborás) - Compañía de María (Cangas)
  • 20/03: Corazón Placeres (Pontevedra) - María Assumpta (Noia)
  • 27/03: Padre Crespo (Xunqueira Ambía) - Manuela Rial Mouzo (Cee)
  • 10/04: Divina Pastora (Ourense) - Arenales Cia. De María (Ferrol)