Dan comezo os obradoiros «Oterianos» de Espiral Maior Foro

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

<span lang= gl >Luís G. Soto, á dereita, en imaxe de arquivo</span>
Luís G. Soto, á dereita, en imaxe de arquivo ANA GARCIA

Hoxe, primeira sesión con Luís G. Soto, arredor da novela «Arredor de si» de Otero Pedrayo

07 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Segue afondando Espiral Maior Foro no que deu en chamar «Ano Oteriano», un compendio de actividades con motivo do 50 aniversario do falecemento dun dos grandes autores da literatura galega, Ramón Otero Pedrayo.

As propostas deron comezo en xaneiro cunha reunión do club de lectura constituído en torno á novela Arredor de si, e hoxe darán un paso máis ao inaugurar unha ristra de seminarios de lectura, interpretación e debate en torno á mesma publicación. Dirixidos polo filósofo, escritor e docente universitario Luís G. Soto, a de hoxe (11.30 horas) será a primeira das catro sesións previstas. As seguintes serán os sábados 21 de febreiro e 7 e 21 de marzo.

«Tendo como fondo a voz do autor, tratarase de seguir, paso a paso, o itinerario persoal, filosófico e ideolóxico (ético-político) do protagonista, Adrián Solovio», explican dende Espiral Maior Foro.