«Cor, ledicia e tradición», o combo perfecto no diverso entroido de Malpica

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Madamitos e Ghuardineros, además del Faustino, cerrarán los actos de entroido
Madamitos e Ghuardineros, además del Faustino, cerrarán los actos de entroido BASILIO BELLO

O groso das iniciativas concentrarase entre o sábado 7 de febreiro e o 22 deste mesmo mes

05 feb 2026 . Actualizado a las 20:16 h.

Dende mañá ao 22 de febreiro • O entroido de Malpica é unha suma de forzas. Co Concello —ademais da Deputación— fan piña a ANPA Ventorrillo, a ANPA Xaviña, a asociación Raigañas, Malante, A Tropa dos Pardo, Amijos da Mikaela, Carcaxía, O Brizo, Campal, co colexio Milladoiro, o Joaquín Rodríguez Otero e tamén os pubs Fío Negro, Leño, Prisma, Submarino e Varadero. Serán máis de dúas semanas de actividades, un xeito de que a celebración tome Malpica vila e tamén parroquias para transformalo nun escenario «cheo de cor, ledicia e tradición». Nas citas, propostas para todos os públicas, repartidas como segue:

Mañá. Cuarto cocido da entidade Campal, en Canta la Rana (14.00), con actuacións de DJ Txiño e Dj Anthony.

Venres 13 de febreiro. Pasarrúas de entroido do colexio Milladoiro, dende as 10.45. Tamén do colexio de Buño, dende as 11.00 horas.

Sábado 14 de febreiro. En Cerqueda, festa de disfraces infantil no centro sociocultural das Pozacas, dende as 11.00. En Malpica, sesión vermú con Judith Cundíns ás 13.30 e posterior cocido, así como desfile con música polas rúas (18.00). Ademais, os pubs da localidade promoverán nesta xornada unha noite de concurso de comparsas e disfraces.

Domingo 15 de febreiro. Domingo de entroido, día grande. A charanga ACDC percorrerá a vila dende as 17.00, tarde tamén de desfile de disfraces infantil. O Encontro de comparsas e disfraces polas principais rúas comezará ás 17.30, con entrega de premios ás 19.00 e dúas categorías: xeral, a partir de 13 anos (200, 100 e 50 euros en vales) e infantil, de 0 a 12 anos (agasallo para todos e premio para o gañador). Na rúa Vila Fano farase tamén concurso de piñates, con vales de 80, 45 e 25 euros.

Luns 16 de febreiro. Tómbola infantil de 11.00 a 14.00 no pavillón. Dende este día ao 18 haberá xornadas de entroido para nenos de 4 a 12 anos.

Martes 17 de febreiro. Festa de disfraces infantil con inchables no pavillón: 17.00.

Mércores 18 de febreiro. No pavillón polideportivo do colexio de Buño, ás 17.00, Contos para caghar patatillas, con Brais das Hortas.

Sábado 21 de febreiro. A protagonista deste día, en Buño, será a Mikaela. Dende as 13.00, festa «non stop».

Domingo 22 de febreiro. En Cerqueda, Madamitos e Ghuardineros dende as 11.00. En Vilanova, festa de disfraces infantil. En Malpica, charanga DGT ás 17.30 e Enterro do Faustino dende esta hora.