Teatro en Vimianzo, A Agualada e Baio: citas todas elas coa comedia

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Teté Delgado e Julio Pereira actúan hoxe en Vimianzo con «Entre dos»
Teté Delgado e Julio Pereira actúan hoxe en Vimianzo con «Entre dos» BASILIO BELLO

Axenda diaria | Se busca proposta a cuberto e en butaca, estas tres poden ser boas opcións

24 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado de triple proposta teatral na Costa da Morte e, máis concretamente, nas comarcas de Soneira e Bergantiños. Na primeira, unha das citas será no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, ás 20.30. Alí, Teté Teatro e Javier Pereira subirán ao escenario unha comedia «retrofuturista» que leva por título Entre dos, especie de diálogo sobre sentimentos, relacións de parella, fantasías, intimidade... Tempo de botar unhas risas, como dicía Teté en Radio Voz. As entradas poden conseguirse de forma anticipada en woutick.es ou ben hoxe dende as 19.30 na propia Casa da Cultura. Espectáculo para maiores de idade.

Tamén en Soneira, pero no municipio de Zas, a velada teatral pasa polo auditorio de Baio, onde os espectadores poderán gozar de Neura, con De Ste Xeito Producións: 20.30, de balde. Con eles rematará o programa de Nadal.

Finalmente, no local social de A Agualada, Coristanco, actuará ás 18.30 horas a compañía Sen Tempo Teatro. Será a derradeira representación de O home do sofá: «Risas aseguradas e teatro do bo para todos os públicos». Promove a asociación veciñal.