Tres centros da Costa da Morte, na Liga Escolar de Debate de Educación

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Unha liga escolar de debate celebrada no seu día en Ourense
Unha liga escolar de debate celebrada no seu día en Ourense MIGUEL VILLAR

Son IES Eduardo Pondal de Ponteceso, IES Ramón Caamaño de Muxía e IES Maximino Romero de Baio

17 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Alumnado de tres institutos da Costa da Morte —IES Eduardo Pondal de Ponteceso, IES Ramón Caamaño de Muxía e IES Maximino Romero de Baio— participará na primeira edición da Liga Escolar de Debate que, con fin formativo e non competitivo, promove a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e e FP dentro das súas accións para o reforzo da competencia lectora, pero tamén para mellorar oratoria e exposición de argumentos. Son estudantes de terceiro e cuarto da ESO, e un total de 15 centros da comunidade galega.