O Concello convoca á veciñanza a unha reunión para confeccionar a comparsa municipal
14 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Falta exactamente un mes para o sábado de entroido, e asociacións, concellos e entidades da Costa da Morte xa están a traballar arreo nas programacións, concursos e desfiles que encherán de cor as rúas e pavillóns da comarca nesa época.
En Dumbría, o Concello xa avanzou que o día grande de actividade será o domingo 15. Non obstante, para ir quentando motores o consistorio convoca para este venres, día 16 de xaneiro, unha reunión para ir configurando a comparsa municipal. Será ás seis e media da tarde, no albergue do Conco, e está aberta a tódolos veciños, calquera que sexa a súa idade, que desexen participar.