Fondos provinciais para proxectos da Real Academia Galega, como o libro da toponimia de Zas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Volume «Toponimia do Concello de Zas», de Xosé María Lema
Volume «Toponimia do Concello de Zas», de Xosé María Lema

A Deputación outorga á RAG unha subvención de 60.000 euros

13 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación da Coruña concedeu á Real Academia Galega unha subvención de 60.000 euros para o financiamento de distintas iniciativas de promoción da lingua, difusión da cultura ou preservación do patrimonio inmaterial.

A axuda cobre un 80 % do orzamento total presentado pola RAG, sendo un dos eixos centrais do convenio a trixésimo quinta edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas «Galego sen fronteiras».

O acordo tamén inclúe a produción da serie documental Se canto é porque quero, con motivo das Letras, ou a publicación do volume Toponimia do Concello de Zas, escrito polo investigador soneirán Xosé María Lema Suárez.