Xuntanza para ir preparando o Asalto ao Castelo de Vimianzo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Asalto ao Castelo de Vimianzo, nunha das súas edicións
Asalto ao Castelo de Vimianzo, nunha das súas edicións BASILIO BELLO

A organización convoca un encontro para o vindeiro sábado 17 de xaneiro

11 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 17 de xaneiro • Pasado decembro, a maquinaria festiva do verán ponse en marcha. En Vimianzo, a organización do Asalto ao Castelo convoca para o sábado 17 de xaneiro unha xunta para «pensar, mellorar e soñar coa 29.ª edición». Procuran xente nova que avive o lume irmandiño. Aquel que queira aportar ideas ou sumar forza pode acudir ese día ás 12.00 á Casa da Cultura.