Busca que facer este sábado na Costa da Morte? Aquí, a axenda 

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Teatro, magostos, cogomelos, palilladas, cantos de taberna, literatura... Non falta de nada!

08 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Teatro, castañas e cogomelos son os protagonistas da axenda deste sábado na Costa da Morte. En teatro, cinco citas:

  • Vimianzo. Ás 20.30 horas, na Casa da Cultura, As gardiás ou o nó do tecelán, con Teatro de Ningures.
  • Ponteceso. Avanza o Ciclo de Teatro do municipio coa función Rara Avis 3.0, da compañía Lila. Ás 22.00, no Edificio das Escolas.
  • Muxía. No Outono en Escena do Concello muxián inclúese para hoxe no Salón do Voluntariado a obra O único que verdadeiramente quixen na vida é ser delgado, con ButacaZero. Sobre o escenario, Esther F. Carrodeguas: 20.00, un euro.
  • Cee. Obra Profetas, de Ítaca Teatro, ás 20.00 horas no auditorio Baldomero Cores. Parte do Outono das Artes da Deputación.
  • Corcubión. Farándula Velutina pecha o Circuíto de Teatro Amador desta vila coa súa obra Mamá: ás 20.00, na Casa da Cultura.

BASILIO BELLO

Xornadas micolóxicas

Está a ser un outono un tanto atípico, pero a Costa da Morte non perde a tradición das súas Xornadas Micolóxicas, e nisto son referentes as da asociación Pan de Raposo, iniciadas o pasado día 1 en Cee. Inclúen para hoxe unha exposición de cogomelos e de traballos de alumnos de colexios da comarca, todo iso na Casa da Cultura de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30, con opción de visita guiada ás 12.00. Ademais, pola tarde, José María Costa ofrecerá ás 18.00 unha charla sobre a amanita muscaria. Cabe lembrar que, hoxe e máis mañá, sumarán petiscos de cogomelos os locais La Marina e As Viñas.

Tamén están programadas para hoxe as 11.ª Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra, en Fisterra. A proposta deste sábado é unha saída ao monte para a recollida de exemplares: arranque ás 10.00 horas dende a planta baixa do consistorio.

MAGOSTOS DE CABO A RABO

Ata en catro localidades se promoven hoxe magostos na Costa da Morte. No Casino de Carballo, da man da Rede de Decrecemento, xogos tradicionais dende as 19.30, concurso de receitas de castañas ás 20.30 e música en directo con Q’Jazz dende as 21.30, todo con máis castañas de balde. Tamén haberá xogos —tradicionais e populares— no magosto das Torres do Allo (Zas), dende as 16.30. Comezará o agosto propiamente dito ás 18.00, con castañas asadas e música de Churía e Adro. Teñen magosto e mostra de artesanía tamén no pavillón de Laxe, entre as 17.00 e as 20.00 horas: obradoiros, degustación, fotocall e música en directo. E multitudinario, sen dúbida, será o magosto da asociación veciñal de Sísamo (Carballo), con 400 persoas reunidas a partir das 15.30, no local social. Sumarán ocio infantil e música co dúo Galán.

Palilleiras, cantos de taberna, libros e máis para este sábado na comarca

Tamén hoxe • Ademais de todo o exposto á esquerda, estas outras citas na comarca:

Vimianzo • Xuntanza das Palilleras • A asociación As Nemanquiñas promove para hoxe a 18.ª edición da súa Xuntanza de Palilleiras. Acudirán ao pavillón máis de 600 artesás de toda Galicia, con apertura de portas ás dez da mañá. A inauguración institucional está programada para as 12.00. Unha ocasión para admirar este oficio en vivo e para aportar un gran de area, unha velada de comunidade.

Fisterra • Actuación e Cantos de taberna • Antes de que bote a andar unha nova edición dos Cantos de Taberna organizados pola entidade Rapacollóns no seu Outono Cultural, @s do Berrón actuarán no mercado cultural: de 18.00 a 18.30, cita promovida pola área de Cultura. No tocante aos Cantos de Taberna, botarán a andar por trece locais ás 19.00 horas, protagonizados polos grupos De Tazas, Son dos Michos, Son da Illa, Can de Ghaiteiro, Sib do Solpor, Maruxía, Queloutros, A Tripulasión, Chihomechí, @s do Berrón, Peta Forte, Abelleira E., Nin Chica nin Patacón e Os Sentenarios.

Cerceda • Presentación literaria • Ás 18.00 horas, na Taberna, presentación da obra O Monte Xalo: patrimonio cultural e tradición oral dun monte máxico, da autoría de Lois Vilar. Estarán canda el Manuel Ruibal e Xosé Bocixa.

Malpica • Presentación literaria • A malpicá Virginia Sande Pose presenta nova obra esta tarde (19.00) no salón de actos da Casa do Pescador. Leva por título Ser humana e trátase dun poemario que, segundo as súas palabras, reflicte «un gran proceso interno». Promove o Concello, colabora a Deputación e acompaña á autora Amanda Plaza.

Carballo • Dobre obradoiro • Na biblioteca Rego da Balsa bota a andar (10.00 horas) o obradoiro de ilustración promovido pola área municipal de Bibliotecas e impartido por Cris Castro e Mon Lendoiro. Media hora máis tarde botará a andar outro taller, este de plastilina, para nenos de 5 a 8 anos.

Vilaño (A Laracha) • A noite dos farolillos • Promove a asociación Adro de Vilaño, con inicio ás 16.30 horas no centro sociocultural. Creación de farolillos, degustación de castañas, paseo ata o castro de Montes Claros e contos.

Carballo • Andaina pola igualdade • Promove a sociedade cooperativa Lenda Educativa, con saída ás 10.00 horas dende o pazo de Vilar de Francos. Será unha ruta por Artes, guiada por Vía Inqueda e coa colaboración do Concello.

Zas e Cerceda • Baile para maiores • En Zas, dende as 19.00 horas no centro sociocultural, amenizado polo dúo Marineda. No local social do Moucho cercedense, tamén ás 19.00 e co dúo Caramelo.

Varias localidades • De festa • En San Martiño de Fisterra, por exemplo, coas actuacións de La disquetera, o grupo O Tren da Unha e Smoke. Tamén en Carantoña (Vimianzo), con The Voce, Gran Parada e CDC. Ou en Cerceda, con Impacto e xantar popular. En todas as citas haberá carpa para resgardo.