Moita actividade nas bibliotecas da Costa da Morte neste mércores 22 de outubro
CARBALLO
A axenda diaria | Ademais, Modesto Fraga presentará en Carballo a súa última publicación
22 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Avanzamos na semana coa seguinte axenda para a Costa da Morte:
Lira · Xornada de posta en valor e difusión do patrimonio e da cultura mariñeira, esta tarde na Casa do Mar de Lira (17.00 horas). A iniciativa forma parte do proxecto Temporada de Mar, de APTCM, e contará coa participación da actriz Mariña Lestón, do presidente da Asociación Galega de Patrimonio Industrial, Manuel Lara, e do investigador Santiago Llovo.
Carballo · Conta contos cos Ratos de Lonxedetodo na biblioteca Rego da Balsa: Familias diversas, ás 17.30 e ás 18.30 horas.
Dumbría · Aldara e a montaña, no Conco (10.50), para alumnos do CEIP Santa Eulalia, e Aitana e a avoa, e outros contos violetas, ás 18.00 en Buxantes.
Vimianzo · A Ramona pequena vai á Lúa, espectáculo de Pakolas na biblioteca municipal para rapaces de infantil do CEIP San Vicenzo e da escola de Carantoña, ás 10.30 horas.
Cee · Contacontos sensorial para bebés na biblioteca Francisco Mayán: 18.00.
Carballo · Modesto Fraga presentará ás 20.00, no espazo Espiral Maior Foro, As almas da fisterranía. Acompañarano o delegado de La Voz de Carballo, Xosé Ameixeiras, e o editor e director do espazo, Miguel Anxo Fernán Vello.
Cee · Xornada de divulgación con Íñigo de la Quadra-Salcedo, no Mes da Fundación: ás 10, 11, 12 e 13 horas, para escolares.
Cerceda · Continúa o ciclo de cinema Mestre Mateo, hoxe coa proxección da peza Filmei páxaros voando: ás 19.00 horas, no auditorio municipal, de balde.