A fervenza do Ézaro estreará hoxe novo espectáculo audiovisual e de iluminación nocturna
05 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Chegamos á fin de semana cunha axenda cultural e social ben cargada: concertos, verbenas, romarías, maxia, presentacións literarias e varios roteiros aos que anotarse:
Baldaio · Trixésima edición da Romaría Galega promovida pola ADCR Baldaio. A partir das 19.00, na pista polideportiva de Imende, sardiñada e churrascada, música e baile tradicional con Nemeth e verbena con Caramelo.
Meirama · Segunda festa da tortilla: vermú co dúo Ciclón, xogos infantís dende as 17.00, concurso e degustación ás 20.00 e verbena de novo co dúo a partir das 22.00.
Coucieiro, Muxía · Comezan as festas do Socorro: misa solemne, vermú co dúo Élite e festa nocturna con La Ocaband e disco móbil Mega CDC.
Serantes · Seguen os festexos do Socorro, hoxe con oficio solemne, pasarrúas coa charanga O'Rumbo, vermú cos cantantes Manolo Couto e Dolo Marzoa e verbena nocturna cos mesmos vocalistas e co grupo Lume.
Neaño · Pasarrúas con Inllar e Os Farrapos, oficio solemne e vermú co grupo Ritmo, que repetirá pola noite coa orquestra La Bamba.
A Ponte do Porto · Hoxe, día do Socorro: misa, procesión acompañada pola banda de gaitas Abrindo Rejo e vermú e verbena con Nueva Fuerza, que pola noite actuará coa Mega CDC e DJ Unai.
Cambre, Malpica · Sardiñada e degustación de panceta, coa actuación dun grupo musical sorpresa, dende as 20.00.
Oca, Coristanco · Trala procesión que tivo lugar onte, continúan as festas do Corpiño con misas a tódalas horas dende as nove da mañá ata a unha da tarde, cando terá lugar a solemne. O grupo Alcázar animará a vermú e tamén a verbena, na que tamén actuará Martín Reimúndez.
Muxía · Actuación de maxia no cámping Lago-Mar a cargo de Golden Magic, ás 19.30 horas.
Cabana · Continúa a programación estival coa primeira das visitas teatralizadas da tempada. Será a cargo de Os Quinquilláns, como sempre, con dous pases ás 11.30 e ás 13.00.
Laxe · A Praza Ramón Juega acollerá hoxe un conta contos titulado «Martiño e o paraugas máxico», a cargo de Marisa Imia. Será ás 19.30.
Andregalla, Zas · Actuación en vivo de Chema Caruso, a partir das 20.00 horas, nas instalacións do Cámping Costa da Morte.
O Ézaro · A fervenza de O Ézaro estrea hoxe novo espectáculo audiovisual e de iluminación, de 22.30 a 00.30 horas. Haberao cada venres, sábado e véspera de festivo ata o vindeiro 20 de setembro.
Malpica · O Fogar do Pensionista acollerá hoxe a presentación do segundo libro editado pola entidade Mallas de Area: «Os doce faros da fin do mundo», de Txema García. Será ás 20.30 horas.
Corcubión · Proxección de tres curtametraxes de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau na Capela do Pilar, ás 20.00 horas.
Carballo · Continúa o programa Eu Quero Razo-Baldaio, hoxe cunha rota comentada por Xabier Maceiras entre Razo e As Torradas (10.00, aparcadoiro da praia de Razo).
Muxía · Roteiro polo río Castro comentado por Xan Fernández, con saída ás 9.30 das Caldeiras do Castro.
Coiro, A Laracha · O café-bar Raio de Sol festexa hoxe o seu décimo aniversario cos concertos dos grupos Hemacaos e Ekoss.
Andaina contra o cancro en Fisterra
Dende a Praza da Constitución de Fisterra partirá hoxe a comitiva participante nunha nova edición da andaina solidaria contra o cancro, que promove a xunta local fisterrá da AECC. A saída será ás 10 da mañá e a inscrición custa 5 euros (3 no caso de nenos de ata 12 anos de idade.
Adiada a representación teatral de hoxe en Cee
O Concello de Cee informa do aprazamento da representación que ía facer hoxe a Escola Municipal de Teatro no auditorio Baldomero Cores. O adiamento débese a circunstancias persoais dunha das actrices protagonistas. O Concello agarda poder retomar a actividade no último trimestre do ano.
Gala de bailes de salón, hoxe en Carballo
O Pazo da Cultura de Carballo acollerá hoxe, en dúas sesións, a undécima gala de bailes de salón que promove o Concello. Participarán 126 bailaríns pertencentes a grupos de Arume de Verdillo, da escola deportiva de Cabana e dos colexios Fogar e Bergantiños. Os pases serán ás 17.30 e ás 19.30 horas.
Suso Martínez guía paseos por Malpica
Hoxe mesmo comezarán os paseos que o historiador, actor e guía Suso Martínez conducirá por Malpica para contar «historias lugrisianas, morfoloxías mariñeiras e lendas célticas». A actividade será ás 19.00, con saída da fonte Anselmo Villar Amigo. Tamén a haberá os días 29 e 27 de xullo, así como o 15 e o 17 de agosto.