Danny Romero na Ponte do Porto, concerto no cámping Lago-Mar... Toma nota da axenda de hoxe!
CARBALLO
Asalto ao Castelo aparte, a axenda cultural da Costa da Morte vén hoxe ben cargada!
04 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Achegámonos á fin de semana coa seguinte axenda cultural, social e de lecer:
Muxía · O cámping Lago-Mar acollerá hoxe un concerto da banda de blues e soul Allo Negro. Será ás sete e media da tarde.
A Ponte do Porto · Continúan os festexos por san Pedro, hoxe coa actuación do cantante, DJ e produtor Danny Romero, referente do xénero do electrolatino. Será a partir da unha da mañá, e estará acompañado pola discoteca móbil Mega CDC.
Neaño · Comezan as celebracións do Carme cunha verbena amenizada pola orquestra Metrópolis e a discoteca móbil Impacto, con David Bermúdez en cabina.
Serantes · A vila laxense dará comezo ás Festas do Rosario cunha gran churrascada a partir das nove da tarde, con degustación de salchichas alemás. Ás once e media, por outra banda, comezará a animación musical a cargo de Begoña García e a discoteca móbil Impacto.
Laxe · Comeza a axenda de verán do Concello de Laxe cunha actuación de hip hop na Praza Ramón Juega. Será do grupo Ceibarimas, dende as sete e media da tarde.
Cabana · O espectáculo de narración e maxia Superheroe, de Fran Rei, poderá verse hoxe na Praza do Pendón, ás oito da tarde.
Carballo · Continúa a campaña de verán de doazón de sangue, e unha unidade móbil estará prestando servizo na Praza do Concello durante todo o día en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.
Zas · As Torres do Allo abrirán hoxe de 11.00 a 20.00 horas, con posibilidade de realizar unha visita guiada ás 13.00 e ás 17.30 e de gozar da nova exposición temporal inaugurada precisamente este pasado mércores: «Os Riobóo, a saga do Allo». Ademais, o pazo retomou recentemente o seu xogo de escapismo «As sombras do tempo», que se pode realizar cada día ás 16.00 horas, previa inscrición.
Brandomil · Como cada luns, mércores e venres, hoxe haberá visita guiada no xacemento romano de Brandomil, ás 12.00 horas.