Crime e misterio na Costa da Morte, nos Premios de Novela Fernando Lara

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

A escritora coruñesa Teresa Candal mereceu o segundo posto co seu traballo «La reina de los cuervos»

28 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

De entre 1.116 manuscritos presentados, dez novelas foron preseleccionadas para a final. Entre elas, La reina de los cuervos, un texto de crime e misterio con trama entre A Coruña e a Costa da Morte da autoría da escritora coruñesa Teresa Candal. Ten forte vínculo a Carballo, foi parte activa do colectivo Crea Formas. Sobresaíu este traballo de Teresa Candal na 30.ª edición do Premio de Novela Fernando Lara, cuxa ceremonia tivo lugar no Real Alcázar de Sevilla. Mereceu ela o segundo posto, resultando gañadora Misterio en el barrio gótico, de Sergio Vila-Sanjuán.