De viaxe a Pontevedra e Portugal dende A Laracha 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Un cento de veciños participaron na expedición, acompañados tamén polo rexedor 

01 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Un cento de laracheses maiores de 55 anos, xubilados ou pensionistas, participaron o luns, e sen grandes consecuencias polo apagón, nunha viaxe por municipios do sur de Pontevedra e norte de Portugal, iniciativa do Concello. Sumáronse á expedición o alcalde, José Manuel López Varela, e a edila Rocío Lopez. É esta unha das moitas actividades que ao longo do ano organizan dende o consistorio para dinamizar a vida e tempo de ocio dos maiores do municipio.