Escola de bruxas colle novo pulo e A cazadora de estrelas xa está en castelán
24 feb 2025 . Actualizado a las 09:11 h.A escritora ceense María Canosa leva dous meses intensos de novidades literarias. En decembro foi publicado O segredo do arco da vella, no selo A Costureira, ilustrado por Leandro Lamas. A protagonista é unha nena, Mariña. Así, Ana xa ten o seu libro (Ana xa chegou!) e Mariña, o seu. (Ana e Mariña son as súas fillas).
Ademais, en xaneiro chegou ás librarías a segunda reimpresión de Escola de bruxas, editado por Xerais, e ilustrado por Maiky Odel, que se esgotou en dous meses. Neste mes de febreiro, na TVG2, os xoves pola noite emítense dous programas do programa Léocho, un espazo sobre libros que toca diversos aspectos da creación dos mesmos (editores, escritores, ilustradores, maquetadores, lectores, clubs de lectura, libreiros…). Está dispoñible tamén na plataforma Agalega.gal, para poder ver cando se desexe.
E tamén en febreiro, hai só uns días, chegou a tradución ao castelán de A cazadora de estrelas (Xerais), editado por Anaya baixo o título La cazadora de estrellas. Aínda que se refixeron as ilustracións, seguen sendo de Dani Padrón.