Bela Fisterra, seguinte parada para falar de don Emerito

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Modesto Fraga presentará este venres no hotel o terceiro volume da súa Biblioteca da Fisterranía

11 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo dunha primeira e concorrida presentación na Praza da Constitución, hai unhas semanas, agora será o hotel Bela Fisterra o foro escollido para seguir falando do terceiro volume da Biblioteca da Fisterranía, o proxecto co cal Modesto Fraga quere recoñecer o traballo e a obra de figuras destacadas da localidade.

Tras Francisco Esmorís e Ramón Marcote, nesta ocasión é Desiderio Paz Figueroa, don Emerito, o protagonista. Médico, intelectual, mestre de música ou teatro e lembrado por moitos como o pai do entroido fisterrán, a súa historia será explicada mañá, venres, no hotel literario Bela Fisterra. No acto, que será ás sete da tarde, participarán o propio Modesto e o exalcalde corcubionés Rafael Mouzo.