Os topónimos O Allo e A Cebola, a análise pola Real Academia Galega

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana García

O académico correspondente Xosé María Lema participará nesta iniciativa audiovisual da RAG

15 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega inicia unha nova tempada da serie de micropezas audiovisuais O Seminario de Onomástica responde, na que diversos especialistas en nomes propios divulgan o valor da toponimia como patrimonio inmaterial e afondan no significado, na historia e nas curiosidades de algúns dos nomes de municipios, aldeas e lugares de Galicia. Unha das entregas será filmada na Costa da Morte, en concreto nos núcleos de O Allo e A Cebola, situados no concello de Zas, e será da man do académico correspondente Xosé María Lema. Estes vídeos —até o de agora hai arredor de 30— poden verse na web da Academia e nas súas canles sociais. Nalgunhas das pezas xa publicadas pode descubrirse o significado de topónimos de Cabana ou Laxe, entre moitos outros de toda Galicia.