Vitoria do CEIP A Ponte no Concurso Ecopreguntoiro de Radio Voz

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

RADIOVOZ

ECOVOZ 2021 | Os mozos, coordinados por Purificación Rodríguez, traballaron arreo durante toda a tempada para facerse co primeiro posto

07 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Merecida vitoria, nesta edición de Ecovoz, para os alumnos do CEIP A Ponte. Durante meses, o equipo coordinado por Purificación Rodríguez traballou arreo para acadar o premio e vencer nesta temporada do Ecopreguntoiro. E así o fixeron a pasada semana. Foi grazas ao esforzo dos rapaces do centro ourensán con Uxía López, David Dios, Adrián Fernández Vera Vázquez e Aldara Vázquez (suplente).