Repaso ao ecuador do mandato: «Fomos quen de xestionar tódalas inversións previstas», di o rexedor. Opinan tamén os portavoces dos restantes grupos da corporación: BNG, Sempre Corcubión, PP e Pacor
27 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
O socialista Manuel Insua (1959) goberna só con tres edís trala extinción do seu pacto con Pacor. Repasou en Radio Voz o seu segundo mandato como rexedor.
-Como valoraría esta primeira metade do mandato, inevitablemente marcada polo covid?
-Colleunos a todos e ás Administracións fóra de xogo, sobre todo aos concellos máis pequenos, porque carecemos de medios e de persoal. Pese a todo, fomos quen de xestionar tódalas inversións previstas para estes dous anos e, sobre todo, atender o día a día da Administración local. Foi un ano complicado, cheo de incertezas, inseguridades...
-Axudou ter experiencia previa?
-Foi unha axuda. Supoño que os compañeiros que empezaron [neste mandato] o pasaron mal.
-A oposición fala de pasividade en canto a inversións.
-Eu non sei se é que non veñen aos plenos ou é que queren facer oposición destrutiva. Traballouse en camiños rurais, investíronse 130.000 euros na praza Cándido Ramón, creo recordar que outros 70.000 na travesía San Marcos e estamos renovando o alumeado en Quenxe. Recentemente aprobamos destinar arredor de 228.000 euros do remanente a inversións importantes, temos pendentes de executar obras no barrio da Ribeira... Temos enriba da mesa máis de medio millón de euros para executar, aparte da senda peonil que fará a Deputación e que suporá un antes e un despois para Corcubión, pese a que algunha xente non estea moi de acordo. Están executados máis de 400.000 euros en obras e fomos capaces de xestionar con moitísima normalidade o que tiñamos previsto. Se a isto se lle chama parálise, que tódalas parálises sexan así.
-Tamén instan ao executivo local a buscar unha solución á situación do centro de día.
-Fixemos unha inversión grandísima na rehabilitación deses edificios, pero xestionalo nós directamente é imposible porque non temos capacidade económica nin tampouco competencia, e xa vemos a vontade da Xunta... Estámoslle buscando solución e dende o equipo de goberno seguimos facendo xestións.
-Recentemente a Xunta volveu prometer un porto mixto.
-Eu son moi crítico con Portos de Galicia e non me creo nada do que prometen. Levamos trinta anos pedindo un porto deportivo e un dique de abrigo, pero eu ata que vexa alí as grúas colocando bloques de formigón non crerei nada do que din. Están mareando a perdiz dende o 2010.
-Que opina da proposta para converter o hotel El Hórreo nunha residencia de maiores?
-Creo que soñar non ten límites. Alfredo [Sempre Corcubión] debería saber que ese hotel está nunha situación moi complicada e que non deixa de ser unha entidade privada.
-Puido avanzarse no PXOM?
-Isto xa é máis complexo. Todo o mundo sabe que estamos en minoría e aínda que este asunto foi moi traballado polo equipo de goberno no seu día, no 2014 foi a pleno para aprobación inicial e non saíu adiante, co cal perdeuse a subvención. Estamos en contacto coa consellería para ver a posibilidade de que se fagan cargo.
-Cal é a situación política en Corcubión? Parece que hai unha certa sintonía co BNG.
-A situación é complexa: cinco candidaturas para 1.500 habitantes parece algo surrealista e gobernar con 3 concelleiros é difícil. Trato de dialogar e ter sintonía con todos, porque é o único remedio, pero ben é certo que ao mellor coincidimos en máis aspectos co BNG.
Lois Lado, BNG: «Botamos en falta esas grandes cousas que lle fan falla ao pobo»
El nacionalista Lois Lado, que actúa como portavoz de la agrupación, pone el foco en las «graves deficiencias no mantemento diario», tanto en «rúas, como en maquinaria...», sostiene. «Tamén botamos en falta esas grandes cousas que lle fan falla ao pobo, como a mellora da Praza Castelao, que foi quedando aí e se podería convocar un concurso de ideas para ver que facer con ela», indica el edil del BNG, que también cree prioritaria la «humanización do Concello» y la elaboración de un plan viario que regule la circulación tanto de turismos como de peatones. Cree, asimismo, que para seguir en la línea de proteger el casco histórico habría que ir eliminando «progresivamente» los vehículos de esa zona: «Déixanse os coches de calquera maneira sobre todo porque non hai información, e por enriba non temos Policía Local».
En cuanto a las promesas hechas en campaña, el BNG creía «que o centro de día sería o gran cabalo de batalla deste goberno, pero non está sendo así» e instan al ejecutivo a «machacar diariamente» para que la Administración autonómica se haga cargo. Los nacionalistas, el segundo grupo más votado en los últimos comicios, echan en falta ideas, iniciativas: «Case se pode dicir que o goberno deu por rematado o mandato cando van pola metade», asevera su portavoz, que también cree «insuficientes» las medidas tomadas para paliar la pandemia. «Só unhas axudas a proposta do BNG», declara Lado.
Alfredo González, Sempre Corcubión: «Foron dous anos perdidos grazas a esta desastrosa xestión»
El líder de Sempre Corcubión, Alfredo González, se muestra muy crítico con la gestión municipal tanto en lo referido a las inversiones como a la transparencia con la que actúa el equipo de gobierno. «Hai opacidade co resto da corporación e coa poboación xeral», considera González.
En cuanto a los proyectos e inversiones, el portavoz opina que han sido escuetos y que «o que se fixo foi xestionar os plans de obras da Deputación e algunha axuda», dijo, además de criticar «que moi rara vez se consigan subvencións da Xunta. Noutras etapas, na maioría dos casos a resposta era satisfactoria, pese a haber algunha negativa. O que cremos é que falla a xestión municipal», asevera Alfredo.
Tampoco ve el portavoz que se haya cumplido con proyectos prometidos o al menos mencionados en campaña, como la reactivación del PXOM, la reforma de la Praza Castelao o la búsqueda de fórmulas para abrir el centro de día, enumera. «Ademais, aprobouse un mal orzamento para este ano, ao noso parecer. Foron dous anos perdidos grazas a esta desastrosa xestión, e todo parece indicar que virán outros dous», dice.
En cuanto a la senda que la Deputación pagará hasta el cabo, González no la ve prioritaria e invertiría los fondos en llevar a cabo su propuesta de reconvertir en una residencia para la tercera edad el hotel El Hórreo o, en su caso, cualquier otro edificio que fuese posible emplear.
Gema Freire, PP: «Fuimos pioneros en muchas cosas, pero ahora somos el vagón de cola»
La popular Gema Freire, única concejala de su partido en la corporación, echa en falta «ideas, iniciativas, revulsivos y planes de futuro», dice. «Vemos una total apatía por parte del alcalde, que dice que ‘se va haciendo lo que se puede’, pero nosotros creemos que tenemos mucho potencial por exprimir», estima la portavoz del PP. Cree que Insua está «a pasar» este mandato, «sin proyecto alguno» y «con ayuda del BNG». Pide iniciativas para Corcubión, «que en su día fuimos pioneros en muchas cosas y que hoy somos el vagón de cola» y que se preste atención a aspectos como el tráfico en el casco urbano, la oferta cultural [adaptada al contexto actual] y a la imagen del pueblo. Respecto a la gestión de la pandemia, Freire cree que el ejecutivo «tuvo suerte, porque nunca hubo un gran brote».
José Ramón Rojo, Pacor: «Hai que esquecerse das obras grandes e atender máis ao emprego miúdo»
José Ramón Rojo, portavoz y único edil de Pacor, empezó el mandato como concejal de Obras, pero el acuerdo de gobierno tardó escasos meses en romperse. A día de hoy ve prioritario «esquecerse das obras grandes e atender máis ao emprego miúdo», formando a gente joven del pueblo «nunha especie de escola taller» y centrándose sobre todo en el mantenimiento, un aspecto que cree muy «descoidado» por parte del ejecutivo local. Pide premura al gobierno para empezar con el PXOM y para desbloquear la situación del centro de día: «Se non se pode facer cargo de forma directa, que o adxudique a algunha empresa, que xa houbo algunha da zona que preguntou», dice Rojo. También considera que, ya que se está trabajando para potenciar el casco histórico, debería crearse un área de aparcamiento para sacar los coches de las principales calles del centro.