Balarés, un espazo cargado de pasado e con moito futuro por diante

Patricia Blanco
Patricia Blanco CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Conmemoración en Ponteceso da man da Fundación Pondal | Tempo de memoria

16 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O día de onte poida que marque en certa maneira un antes e un despois para Balarés. Da man da Fundación Pondal conmemoráronse neste espazo natural pontecesán os 30 anos do falecemento de Isidro Parga Pondal, os dez do documental Titania S. A., dirixido por Omar Rabuñal, e os 50 anos da propiedade desta área por parte de Deputación.

Pequenos e equipo docente das Aulas Científico Tecnolóxicas compartiron a xornada co actor Yago Espasandín, encarnando a Parga Pondal; co xeólogo Fran Canosa; co cineasta Rabuñal, e con Juan José López, da Cámara Mineira. Entre os presentes, tamén o alcalde, Lois García, e o deputado provincial de Patrimonio, Xosé Luís Penas.

BASILIO BELLO

Aplaudiron con forza a versión de 15 minutos do documental que Omar preparou para a ocasión e os pequenos gozaron ademais dunha sesión de bateo de ilmenita atopada na area da praia. A idea da Fundación pasa por darlle forza a un proxecto que recuperaría os chamados Camiños da Mina e que pasaría tamén por un proxecto didáctico, para que todo aquel que acuda a Balarés saiba do pasado deste lugar, e de Titania. A Deputación mostrou boa sensibilidade cara a proposta.