Vaia ao médico


Carmelo Romero burlouse, no medio dunha intervención brillante, das enfermidades mentais. Desculpouse tempo despois nas redes sociais, pero aposto todo o meu ser a que continúa pensando que o seu arrebato ten fundamento. Eu quixera preguntar, a calquera dos lectores que len esta columna, se non coñecen algunha historia de alguén que se colgase cunha soga, na soidade da súa casa. Desculpen a dureza das miñas palabras, pero eu diría que todos escoitamos moitos destes relatos. Cando ocorren nas nosas aldeas estes dramáticos sucesos, moitas veces dise que foi unha enfermidade repentina ou que tiña nervios. Apenas algunhas persoas rompen o eufemismo e falan de trastornos coma o Síndrome de Dióxenes ou a depresión. Ás veces, señor Romero, non podes nin acudir ao médico, como vostede di.

Por desgraza, nesta nosa sociedade sen protocolos médicos, nin os facultativos están preparados para tratar e diagnosticar indicios precoces que poden acabar nun súbito suicidio. Mata máis o suicidio ca os accidentes de tráfico. Ocorre que para os primeiros casos non hai anuncios preventivos na televisión por parte do Goberno e, nos segundos, hai campañas continuas todos os anos. No 2019, morreron máis de tres mil cincocentas persoas suicidadas, non quero pensar nos datos que nos deixará a pandemia. Oxalá se free o continuo goteo de mortes diarias, unha media de dez, por esta causa. Que en Galicia se tomen medidas xa, dado que temos un dos índices máis altos, quizais polas nosas propias características demográficas.

Carmelo non o conseguiu. Quería deixar en evidencia as enfermidades mentais, invisibilizadas durante tanto tempo. Os tempos onde pechaban na casa os enfermos mentais acabouse. Hoxe eles tamén teñen voz propia

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Vaia ao médico