Un neno do CEIP Gándara-Sofán gaña o certame Contos de Nadal de La Voz

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Bruno Martínez é o vencedor con «A fin do egoísmo nos tempos de Nadal»

13 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Bruno Martínez Rodríguez, alumno do CEIP Gándara-Sofán (Carballo) é o vencedor da 17.ª edición do certame Contos de Nadal, convocado por La Voz de Galicia e Radio Voz co patrocinio de EDP Renevables e a Fundación EDP.

O pequeno conquistou, co seu conto A fin do egoísmo nos tempos de Nadal, ao xurado que se encargou de ler e valorar os 184 traballos recibidos este ano dende diferentes centros da Costa da Morte. A xornalista Patricia Blanco, o exprofesores Xurxo Alfeirán y Lourdes Pardo, a libreira Belén Edreira e o delegado de La Voz de Galicia en Carballo, Xosé Ameixeiras, compuxeron o tribunal este ano.

Coas súas puntuacións escolleron aos dez contos finalistas, que recibirán cadanseu diploma cando o covid permita a celebración do acto de entrega de premios, que estaba previsto inicialmente para o vindeiro sábado, no Parador Costa da Morte, pero que tivo que ser posposto por mor da pandemia.

Ezequiel Facal Figueiras, do CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco), obtivo o segundo posto; mentres que Grecia Helena Neira Varela, co CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso), o terceiro. Xunto con Bruno, recibirán un agasallo especial por ocupar os tres primeiros postos. Entre os finalistas hai alumnos do CPR Manuela Rial Mouzo, CEIP San Vicenzo, CEIP A Cristina e CEIP Labarba Pose. Os dez mellores contos serán publicados nestas páxinas a vindeira semana.

Os dez finalistas

1. «A fin do egoísmo nos tempos de Nadal», de Bruno Martínez Rodríguez (CEIP Gándara-Sofán)

2. «As lembranzas do avó», de Ezequiel Facal Figueiras (CPI Alcalde Xosé Pichel)

3. «Un bandullo cheo de agasallos», de Grecia Helena Neira Varela (CEIP Eduardo Pondal)

4. «Confinamento, parte 1», de Aroa Conde Cambeiro (CPR Manuela Rial Mouzo)

5. «Un mundo mellor», de André Liaño Carvalho (CPR Manuela Rial Mouzo)

6. «Ledicia por Noiteboa», de Sara Roget Martínez (CEIP San Vicenzo)

7. «O amor do Nadal», de Mayra Mouzo Lema (CEIP A Cristina)

8. «As luces do Nadal», de Sergio Pan Nieto (CEIP Labarta Pose)

9. «O señor Nadal», de Mario Andrade Fernández (CPR Manuela Rial Mouzo)

10. «A maxia do Nadal», de Jorge Méndez Alvariño (CPR Manuela Rial Mouzo)

[Haberá premio para os 3 primeiros e diplomas para dos dez finalistas]