Xabier Díaz deu por finalizado o programa «Con N de Novembro» do Couto

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Ofreceu na sede da Fundación Eduardo Pondal un obradoiro de pandeireta

30 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Cun aforo moi limitado, tal e como o esixen as circunstancias sanitarias, levouse a cabo onte no Couto, en Ponteceso, un obradoiro de pandeireta e pandeiro co mestre Xabier Díaz. O artista volveu así a terras pondalianas, onde non hai moito participara no Esencia Festiletras. As escasas prazas para o curso, que esixía en todo caso ter xa un nivel nestes instrumentos, foron axiña completadas.

Díaz deu por finalizado o programa Con N de Novembro promovido pola Fundación Eduardo Pondal, no que houbo tempo para a divulgación, par aa literatura, para a música e tamén para o compromiso, en tanto que dende comezos de mes se vén desenvolvendo unha completa axenda en torno ao 25N, reivindicando ademais a muller rural.